Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá celebra o sábado o “Día do Maio” nas rúas e rematará na praza do Conde Santo

LOURENZÁ .-Como cada ano, a figura do Maio percorrerá as rúas de Lourenzá na tarde do sábado, 1 de maio, acompañado do tradicional carro da “Madalena”. A saída será ás 16:00 horas dende o Mercado Gandeiro,

Nota de Prensa

Celebración do Día do Maio en Lourenzá.
Como cada ano, a figura do Maio percorrerá as rúas de Lourenzá na tarde do sábado, 1 de maio, acompañado do tradicional carro da “Madalena”. A saída será ás 16:00 horas dende o Mercado Gandeiro e rematará na Praza do Conde Santo diante do Concello, despois de percorrer diversas rúas da vila, acompañado pola actuación e pasarrúas musical da Escola Municipal de Música e Danza “Osorio Gutiérrez”.
Ó remate do desfile (máis ou menos sobre as 18:30 horas), faráselles entrega do tradicional “Doce do Maio” aos nenos presentes no entorno da Praza do Conde Santo.
Finalmente, como remate do día de festexo, terá lugar a actuación da compañía de monicreques “Duende Sico”, que nos ofrecerá a representación “A detective da Torre de Hércules viaxa polo tempo”, no Salón de Actos da Casa da Cultura laurentina.

Exit mobile version