Site icon Crónica3.com A Mariña

Liga Céltiga Galaica pide a implantación da Axenda 21 nos concellos do val do río Ouro

O VALADOURO .- A a Liga Céltiga Galaica a través da súa publicación  O Prado das Chantas fai unha suxestión aos concellos do Val do Río Ouro, para implantar e desenvolver a Axenda 21.

A AXENDA 21 NOS CONCELLOS DO VAL

Dende a Liga Céltiga Galaica pedimos que os concellos do Val do Río Ouro desenvolvan a Axenda 21, co obxectivo de fomentar entre a sociedade local as boas prácticas ambientais e espallar unha nova cultura de hábitos cotiáns vencellados aos principios do ambientalismo:

-Desenvolvemento sustentábel,

-aforro enerxético,

-os tres erres -redución, reutilización e reciclaxe-,

-xestión sustentábel da auga,

-xestión eficiente dos residuos,

-mobilidade sustentábel (uso racional dos vehículos propios),

-coñecemento de causas e condutas axeitadas vencelladas ao cambio climático,

-coñecemento e adopción de enerxías renovábeis.

Pra desenvolver a Axenda 21 cada concello debe elaborar un diagnóstico das súas propias eivas, aqueles puntos fébeis polos que debe comezar (p.ex.: limpeza de cursos fluviais, recollida de aceite doméstico, implantación dun código de boas prácticas nas instalacións municipais -aforro e reciclaxe de papel, uso racional da calefacción, iluminación de baixo consumo…-).

Comezaráse pola creación dun ?Foro Local 21? no que deben participar todos os colectivos sociais con presenza no territorio municipal. O devandito foro estabelecerá as prioridades e liñas de actuación da Axenda 21 Local e polo tanto sinalará os eidos de comezo das actividades.

A Axenda 21 abrangue varias dimensións:

-Socioeconomía,

-conservación e xestión de recursos prao desenvolvemento,

-afortalamento da presenza e participación dos colectivos sociais

-medios de execución (recursos pra desenvolver a Axenda 21).

Como sempre, as persoas da Liga ofrecemos a nosa colaboración e orientación nesta tarefa ou en calquera outra relacionada coa ecoloxía e a protección do medio ou o patrimonio histórico.

Dende a Liga Céltiga Galaica facemos un chamamento aos centros de ensino primario do Val do Río Ouro pra que desenvolvan o programa “Ti es a peza que falta” promovido pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama).
“Ti es a peza que falta” é unha campaña dirixida aos máis pequenos, coa que se trata de espallar valores ambientais e en concreto a estratexia dos tres R: Redución, Reutilización, Reciclaxe, tratando de controlar a produción de resíduos por parte da poboación e dese xeito reducir custos económicos e ambientais.
O obxectivo principal é que os nenos aprendan e asemade conciencien aos adultos da familia encol da necesidade e beneficio de reducir e separar correctamente os resíduos no fogar.
A campaña lévase a cabo con material didáctico acaído aos nenos de primaria e representacións teatrais coma “Reciclaxe divertida”, escenificada por actores especializados en Educación Ambiental.

Exit mobile version