- A Garda Civil detivo a un veciño de Xove como suposto autor dun delito de furto
O presunto autor pretendía saír de maneira ilícita do interior dunha fábrica sita en San Cibrao-Cervo, con cinco bloques de aluminio ocultos no interior do seu vehículo. Os feitos foron detectados pola seguridade privada do complexo industrial ao redor das 06.30 horas do pasado día 8, cando o detido pretendía saír das instalacións, alertando os vixiantes á Garda civil, a cal procedeu á detención do infractor. A persoa detida foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución un de Viveiro.
- Nova tenda de moda para home en Ribadeo
Chámase Galán e xa se integrou na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA). Está especializada exclusivamente en moda masculina cunha coidada selección de confección, punto, roupa interior e complementos e firmas como Pertegaz, Gaea, Berto ou Birdigan.
- XIV Festival Infantil, este sábado en Xove
Está organizado pola Asociación Cultural Saíñas. Será ás 18 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. Na presentación estivo Pepe Casariego, secretario da Asociación, acompañado polo alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín.
- O IES de Foz participou na II Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo
Durante estos dous días amosaron a súa oferta educativa e serviron café aos asistentes.
- Cariño conta desde este mércores cunha nova obra de arte que adorna o recibidor da Casa do Concello
Trátase da escultura dun cabaliño de mar realizada polo artista de Cedeira Manuel Armada Santalla, coñecido polas súas creacións a partir de materiais reciclados.
- 'Findes Anfibios' do Concello de Cervo
Preparando a Semana Santa co deseño duns chulísimos Ovos de Pascua.
- Ribadeo gardou un minuto de silencio pola primeira vítima de violencia de xénero en Galicia neste 2025: Josefa Fariñas, do Bolo
Tamén estivo presente nesta lembranza o neno de 5 anos vítima da violencia vicaria en Murcia a semana pasada. Persoal municipal, concelleiras e concelleiros da Corporación ribadense, alcalde, representantes de Acisa, veciñas e veciños de Ribadeo acudiron á concentración, que rematou cun sentido aplauso.