Site icon Crónica3.com A Mariña

Importante vitoria do club de baloncesto Xove e derrota do Celtas Primera Calidad, repleto de baixas

Imaxe dun encontro entre Celtas e Xove (foto: Miguel Fraga)

XOVE/RIBADEO (MFO) .- O C. B. Xove logrou ante a súa afección outra vitoria mais para lograr a permanencia en Primeira Nacional impoñéndose claramente ao BasketCoruña por 70 puntos a 52. Pola súa banda o Celtas-Primera Calidad, xa descendido matematicamente, viaxou a Santiago con so oito xogadores e non puido aguantar o ritmo de partido imposto polo Rosalía ( 83-66 ).
O Xove, con esta vitoria, acercase un pouco mais o obxectivo da permanencia e segue con unha boa racha no seu pavillón. O BasketCoruña so puido aguantar os dez primeiros minutos ( 14-12 ) pois no segundo cuarto os mariñáns, con bos porcentaxes de tiro, lograron anotar 25 puntos que lles deu unha renda de 11 puntos. Na segunda metade os xovenses seguiron sendo mellores  e ampliaron aínda mais a vantaxe para acadar o resultado final de 70 a 52. Polo C. B. Xove xogaron: Álvaro (12), Aitor (9), Andrés (20), Juan María (7), Fernando (12) – Javi (5), Ángel (5), Borja, Eugenio e Piñón.
O Celtas-Primera Calidad segue sen lograr a súa primeira vitoria como visitante e esta vez perdeu ante o Rosalía, equipo ante o que lograra a súa primeira vitoria do campionato. Marco Justo so puido contar con oito xogadores, dous deles xuvenís, o cal lle pasou unha factura física nos últimos minutos do encontro. No primeiro cuarto a frouxa defensa dos mariñáns levounos a ter que remontar 9 puntos ( 24-15 ). Nos segundos dez minutos lograron rebaixar a vantaxe a cinco puntos. Na segunda metade o Celtas aguantou ata os últimos minutos pero finalmente non  puido co ritmo dos santiagueses con un maior fondo de banquiño. Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Lucas (9), Sama (15), Diego, Manuel (14), Miguel (22) – Ángel (3), Ramón (3), Brais e Manuel.

Exit mobile version