O sábado 10, a partir das 20,30 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, a compañía lírica Ofelia Nieto poñerá en escena unha selecta e fermosa escolma de pezas da Cantiga Lírica Galega, grande tesouro poético-musical da cultura de Galicia, baseado nos nosos grandes poetas. Interpretes: Alba López, soprano; Pablo Carballido, tenor y Antón de Santiago , barítono, con acompañamento de piano. Entrada libre ata completar aforo.
Gala Lírica en Viveiro
Gala Lírica en Viveiro
Relacionado
-
O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, felicitou as xogadoras de Burela FS e Castro pola final da Copa Galicia de Fútbol Sala Feminino que se xogou este xoves no Pavillón dos Deportes de Lugo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputacion
-
Abriu recentemente en Ribadeo, nas galerías comerciais que comunican as rúas San Francisco e Reinante, unha zapatería de calzado respectuoso infantil, aínda que tamén ofrece algo para adultos
-
O persoal facultativo do Hospital Público da Mariña concentrouse de novo este mércores