Site icon Crónica3.com A Mariña

Estudantes de catro centros educativos do Bierzo visitaron Mondoñedo

MONDOÑEDO .- Un grupo de 80 estudantes de catro centros educativos da comarca do Bierzo fixeron unha parada na súa ruta para visitar a cidade de Mondoñedo e acudiron ao Centro Comarcal, o Centro de Interpretación do Camiño Norte e o barrio dos Muíños

Nota de Prensa

Mondoñedo amosa a súa historia

Onte pola tarde un grupo de 80 estudantes de catro centros educativos do Bierzo acompañados polos seus profesores fixeron parada en Mondoñedo, onde aproveitaron, entre outras cousas, para coñecer o Centro Comarcal, onde se expón, temporalmente, a obra pictórica de Manoel Bonabal, así como o Centro de Interpretación do Camiño Norte. O seu encargado, Juan Ramón Fernández Pacios amosoulles as belezas paisaxísticas e monumentais que este Camiño agocha e guiounos pola exposición permanente relativa ó Camiño que alberga o Centro Comarcal.

Posteriormente se dirixiron ao Barrio dos Muíños,  onde visitaron un taller de serigrafía, e remataron a súa excursión na catedral.

Exit mobile version