BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros asegura que hoxe é un día importante e de festa no concello despois de que o Consello da Xunta autorizase a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, a Deputación de Lugo e o Concello para dotar de servizos aos núcleos de San Cosme, San Pedro, San Miguel e Reinante.
Alfonso Fuente acaba de asegurar que “se pode decir que é un día de festa para Barreiros no sentido de que o Consello da Xunta ven de autorizar a firma dun convenio que suporá 14 millóns de investimento no noso concello e evidentemente é un día importante. Un convenio no que colabora a Deputación Provincial de Lugo”.
O rexedor lamentou que “algún grupo político se quede ao marxe e agardar agora polo día da sinatura que será unha nova xornada importante