LOURENZÁ .- Na noite de onte, luns 5 de abril deu comezo no salón de actos da casa da cultura de Lourenzá o primeiro curso de benestar animal deste ano organizado polo concello de Lourenzá e por Xovenes Agricultores. A presentación do curso correo a cargo da Concelleira de Medio Rural Emma Alvarez.
Un total de 25 alumnos e 3 profesores compartirán 30 horas repartidas en 10 días en horario de 21 a 24 h. tendo previsto o remate o venres 16 de abril.
Nestas 30 horas desenrolarase o seguinte contido:
1.- Lexislación existente no benestar das explotacións.
2.- Comportamento animal.
3.- Benestar animal nas explotacións
4.- Benestar animal no transporte
5.- Diseño de vehículos destinados ao transporte animal.
6.- Benestar animal en matadoiros.
7.- Centros de limpeza e desinfección.
O concello ten outro curso organizado que dará inicio o vindeiro luns 19 de abril e para o que aínda quedan prazas. Os interesados deberán inscribirse na oficina do Técnico de Emprego Municipal ou chamando ao teléfono 982-121060. Recordamos que este curso é gratuíto para os participantes que sómente terán que pagar as taxas para poder recibir o título acreditativo de haber adquirido os coñecementos.
Estes cursos van dirixidos a gandeiros e a todo o persoal que transporte animais ven sexa en camión ou remolque.