Non esperen unha conversión repentina e sexan indulxentes coa síndrome de abstinencia dos que son folgazáns, ineptos e con lingua fácil cando convocan rodas de prensa para votala a pacer e atacar a un desigual, un cidadán de a pé, sen cargos políticos nin presencia en listas dos mesmos.
Pero deberiamos forzar, entre todos, un cambio de estilo.¿ imaxinan un discurso político sen Cains e Abeles, sen Hansels nin Gretels?.
De entrada, obviar o discurso infantil do “Piove, porco goberno” ou o outro de “Piove, porco ladro”.
É absurdo intentar esconder os acertos dos Gobernos actuais, sexan locais ou autonómicos ou nacionais. Hai unha evidencia empírica da obra de calquera goberno e tan contundente, para ben ou para mal que non se pode esconder baixo a alfombra. Despois, podemos admitir que uns novos gobernos non serían ningún ogro e que o país funcionaría tamén con outro Presidente, alcade ou concelleiro. Ata, haberiamos admitir os méritos duns e outros, deberemos recuperar o valor do matiz, os tons do gris, o sentido común.
Pregoan por aí algúns que “A política está ferida, en perigo de morte”
Ao contrario. Se espimos a política do seu disfrace infantil, podemos devolver ao debate das ideas, dos proxectos, dos modelos, daquilo que afortunadamente nos fai diferentes. Contra o lume dalgúns eu recomendo a discreción dos eslógans e os sorrisos profident.
Cando falta menos dun ano para que teñamos a posibilidade de rescindirlles o contrato en precario que teñen algúns dos nosos politicos locais da “ Mariña”, dáse unha curiosa paradoxa: As novas formas de política poden ser os francotiradores da vella política, onde non hai ningún espazo para o combate das ideas. Ao carón do ring, quen consideran que os concellos actual son un equivalente ás sete pragas bíblicas: Onde pisou o cabalo do alcalde de turno nunca xamais medrará o herba. Alén, quen consideran que un goberno conservador pecharía as escolas, os hospitais, os fogares de avós…… Témome que, se non pomos remedio, volveremos a equivocarnos e xentiña con pouco “sentidiño comun voltara a sentarse nas poltronas populares e seguiran confundindo DEREITOS CON FAVORES. Os mesmos lobos, as mesmas chaquetas e os mesmos chaqueteiros.
Otero Regal