Site icon Crónica3.com A Mariña

Colectivos de Barreiros e o Concello participan nunha cea a favor da asociación de loita contra o cancro

BARREIROS (FNC) .- Catro asociacións de Barreiros: Amas de Casa, Afamer, Mulleres Rurais e Benéfico Cultural de Reinante organizan coa colaboración do Concello por cuarto ano unha cea benéfica a favor da Asociación de Loita contra o Cancro. Será mañá venres ás 22 horas no Asador e asistirán as presidentas da Asociación de Loita contra o Cancro de Lugo e de Afamer Galicia.

Segundo a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, “para nós o máis importante é a xente que apoia esta cea e que coas donacións axudan á investigación desta enfermidade que só escoitar o seu nome nos da medo. Temos que pensar que gracias a esas investigación estáse a converter nunha enfermidade calquera porque hai moitos casos curados e outros moitos controlados. Non podemos pensar que as donacións non chegan, non chegan as que non se dan… pedimos a colaboración dos veciños de Barreiros para que se non poden ir á cea fagan igualmente as súas aportacións a calquera das asociacións organizadoras”.

A edil popular sinalou que “a presidenta da Asociación de Loita contra o Cancro atenderá a todas as persoas que lle queiran preguntar cousas sobre esta enfermidade. O seu apoio é moi imporante para os que padecen algún caso de cancro”.

Adela Rodríguez engadiu que “ainda queda algunha praza libre, poucas, para asistir á cea de mañá. Os interesados poden chamar ao teléfono 666 929 894 e Carmiña os apuntará. Tamén dicir que os empresarios de Barreiros están a participar nesta cita aportando unhas cestas que se sortearán mañá, o precio da rifa será de 2 euros e a intención é recaudar máis cartos para poder destiñar a esta asociación”.  A concelleira de Cultura agradeceu tamén “a colaboración do Asador porque nos fixo a cea ao mellor precio que poder aportar máis cartos para a loita contra o cancro. Quero animar á xente a participar porque a causa o merece e porque o imos pasar moi ben e xa lles dou de antemán as gracias pola súa asistencia e pola súa colaboración”.

Exit mobile version