Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo quere aproveitar os espazos libres da Casa do Mar de San Ciprián para adicalos a uso público

CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, indicou que quere aproveitar os espazos libres da casa do mar de San Ciprián para adicalos a uso público e que está negociando diante da Tesourería da Seguridade Social e da Xunta de Galicia a cesión

Nota de Prensa

O obxectivo e racionalizar e rendibilizar estes espazos de titularidade pública

O CONCELLO DE CERVO QUERE APROVEITAR OS ESPAZOS LIBRES DA CASA DO MAR DE SAN CIPRIÁN PARA ADICALOS A USO PÚBLICO

Cervo, 13 de abril de 2010.- O Concello de Cervo está negociando diante da Tesourería da Seguridade Social e da Xunta de Galicia a cesión dos locais da Casa do Mar de San Ciprián que actualmente se atopan baleiros.

Segundo indicou o alcalde, Alfonso Villares, o Concello de Cervo ten a intención de facerse coa xestión do edificio e lembrou que o titular deste inmoble é a Tesourería da Seguridade Social, mentres que a Xunta de Galicia éa responsable da xestións de algunhas das súas dependencias “de aí o complicado e dilatado deste tipo de xestións” sinalou Villares.

De frutificar estas negociacións o Concello ten previsto situar nos baixos deste inmoble o Punto de Atención á Infancia municipal, mentres que o resto de locais baleiros poderían destinarse a sedes de asociacións e a aulas públicas para o desenvolvemento de actividades diversas.

Actualmente na Casa do Mar de San Ciprián están desocupados os locais que albergaban as oficinas do ISM e as dependencias do antigo centro de Saúde; así  como varias aulas máis no andar superior. “Se a estes locais lle engadimos o salón de actos e as dependencias que ten alí o Concello temos un inmoble con moitas posibilidades de adecuación e reorganización para sacarlle un maior proveito para o conxunto dos cidadáns do municipio” dixo o rexedor cervense.

“O que pretendemos é racionalizar os espazos e inmobles públicos dos que dispoñemos para rendibilizar ao máximo as súas posibilidades e co obxectivo de que todo o mundo se poda beneficiar destes locais que actualmente están sendo infrautilizados” salientou o alcalde

Exit mobile version