Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo non precisa inimigos exteriores para fundir as arcas públicas, asegura o BNG

Nota de Prensa

O BNG RESPONDEULLE Á CONCELLEIRA DE FACENDA QUE CERVO NON PRECISA INIMIGOS EXTERIORES QUE XA SE BASTA E SOBRA O GOBERNO LOCAL PARA FUNDIR AS ARCAS PÚBLICAS

A concelleira de facenda Chelo Gallego semella estar convidando ao BNG a que difunda os documentos coas reclamacións económicas dos provedores

A concelleira de facenda cobra das arcas municipais moito mais do que debería pola súa escasa produtividade

Cervo, 20 de marzo de 2010. O BNG insistiu hoxe en que Cervo non precisa inimigos exteriores, que xa se basta o grupo de goberno para fundir as arcas municipais. Os nacionalistas insisten en que van informar a cidadanía puntualmente de todas as reclamacións de provedores que detecten e poidan prexudicar á facenda municipal porque este e o seu cometido, especialmente naqueles casos que poidan xerar recargos de demora ou reclamacións xudiciais que deberán ser asumidas polas arcas públicas.

A concelleira de facenda cobra unha dedicación parcial para traballar non para facer demagoxia partidista

O BNG saíu ao paso das declaracións da concelleira de facenda de Cervo aclarando que “todos os datos que ofrece e fai públicos están recollidos do rexistro municipal por tanto reais e non inventados como parece querer insinuar a concelleira.” O portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, lamentou o discurso demagóxico da responsábel de facenda, “a Chelo Gallego págaselle unha dedicación parcial para que traballe e non para que faga demagoxia”, dixo Estúa que ademais engadiu que “unha responsábel de facenda que non e quen de presentar un orzamento municipal en prazo e con maioría absoluta para aprobalo, non se merece o salario que lle pagan os cidadáns”. Estúa advertiu que o BNG continuará denunciando os desaxustes económicos,  xa que esta e obriga da oposición, facendo especial seguimento de todas aquelas reclamacións de provedores que supoñan recargos por demora nos pagos ou demandas xudiciais. Os nacionalistas ademais reclamaron ao goberno local moderación na negación da realidade, xa que doutro xeito semellan estar convidando á difusión publica  dos documentos coas reclamacións de provedores ou os informes dos servizos de intervención.

Un convenio urbanístico sen garantías fixo perder ao concello 1,2 millóns de euros

Os nacionalistas tamén quixeron responder as acusacións da concelleira de facenda en relación ao Convenio de Infraestruturas e Servizos polo que a Promotora Pasillo Verde, agora Astunosa adebeda ao concello 1,2 millóns de euros. Para Estúa esta concelleira ten moi mala memoria cando lle interesa. O Convenio asinado cos promotores en 2006 que hoxe e papel mollado, foi asinado e aprobado en solitario polo goberno local e non contiña garantías de cobro no caso de incumprimento por algunha das partes, como foi o caso de Astunosa, que presentou concurso voluntario de acredores argumentando as débedas que outra empresa mantiña con ela, en ningún caso a imposibilidade de continuar a execución do proxectos pendentes en San Cibrao por impedimentos da administración autonómica.

Exit mobile version