Nota de Prensa
O BNG DENUNCIA QUE O CONCELLO DE BARREIROS PERDEU O 10% DO APROVEITAMENTO URBANÍSTICO DAS URBANIZACIÓNS CONSTRUIDAS NOS ÚLTIMOS ANOS, ALGO QUE SUPÓN DE 18 A 20 MILLÓNS DE EUROS.
Barreiros, 8 de abril de 2010. O BNG de Barreiros denuncia que o Concello perdeu o 10% do aproveitamento urbanístico das urbanizacións construidas nos últimos anos, algo que supoón de 18 a 20 millóns de euros. Os nacionalistas insisten en que o alcalde non foi capaz de facer cumprir a lei.
O BNG pregúntalle ao alcalde de Barreiros “¿de onde ven de volta o grupo de goberno?, porque parece ser que estamos de novo no punto de partida deste boom urbanístico, eso sí cun convenio por medio para amañar o que non se arranxou por non ter sido estrictos cumpridores da lei. Quen tiña que facer isto non o fixo e agora hai que amañar con convenios e con cartos públicos algo que por irresponsabilidade do PP non se fixo no seu día”.
Os nacionalistas sinalan que “ninguén fala, nin os asinantes do convenio, institucións e grupos políticos, nin o propio alcalde do que perdeu o Concello de Barreiros todos estes anos por non aplicar a lexislación. Perdeu o 10% do aproveitamento urbanístico de todas estas urbanizacións, que si calculamos a grosso modo ainda que podemos quedarnos cortos, igual falamos de 18 ou de 20 millóns de euros nos anos 2005 e 2006. A lei tamén dicía que por cada 100 metros cadrados de uso residencial había que deixar 15 para dotacións”.
Desde o BNG engaden que “si nos poñemos a calcular os metros cadrados en planta que hai de uso residencial sálennos moitos miles de metros de dotacións para San Cosme, para San Pedro, para San Miguel e para Reinante, pero ¿algún veciño de Barreiros pode dicir si se conseguiu un só espazo público en todo este tempo? E que non nos digan que se fixo unha pista de pádel, porque si esta instalación duns 40 metros é todo o que se conseguiu de beneficio para o Concello de Barreiros, entón aquí algo pasou. Entón ¿de onde ven de volta o señor alcalde? Dunha viaxe a ningures”.
No Bloque Nacionalista de Barreiros consideran que “o único beneficio que sacou o Concello neste anos foi 1.900.000 euros das licenzas concedidas no ano 2006, pero tampouco o investiu en ningún servizo porque aquí non se ven, debéronos investir en persoal porque o Concello ven soportando unha carga de 1.700.000 euros en gastos de persoal, xa vai aí o 60% do orzamento. O que perdemos nos aproveitamentos urbanísticos sí que eran unha chuvia de millóns para Barreiros e non eses 14 millóns de euros do convenio que van poñer as institucións públicas. No Bloque seguímonos a preguntar o mesmo ¿onde estivo o alcalde nesa viaxe durante todos eses anos? debeu estar por fora porque a lexislación no Concello non se cumpriu, él non puido facer cumprila”.