A biblioteca pública municipal de Barreiros convoca o certame de narración e debuxo Letras Galegas 2010 destinado a nenos e mozos de ata 16 anos. O tema deste ano é A cidade. O prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro 10 de maio. Os premiados na fase local participarán na fase provincial do certame convocada pola biblioteca pública de Lugo co patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta.
A biblioteca de Barreiros abre o prazo para presentar traballos para as Letras Galegas