Site icon Crónica3.com A Mariña

Axudas de Educación para estudantes con dificultades económicas para continuar estudos universitarios

SANTIAGO .- A Consellería de Educación convocou axudas económicas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios nas universidades en Galicia, e que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continualos.

REFERENCIA

AXUDAS A ESTUDANTES UNIVERSITARIOS CON DIFICULTADES ECONÓMICAS

A Consellería de Educación desenvolve  este apoio económico ao alumnado de ensino universitario para favorecer a calidade, a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico

Requisitos dos solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas os/as estudantes universitarios/as que cumpran os seguintes requisitos:

a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal,desemprego sustentador principal, enfermidade grave, violencia de xénero cara a el/ela ou o seu proxenitor/a, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non previstas que, sendo xustificadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).

b) Que a situación sobrevida ou imprevista teña acontecido durante o ano 2010.

c) Estar matriculado, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do sistema universitario de Galicia.

d) Ter fixada a súa residencia familiar en Galicia cun mínimo de tres anos consecutivos e anteriores á data de publicación desta convocatoria.

e) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior a 4.755,80 (396,31 euros mensuais).

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata o 30 de outubro de 2010

Contía.

1. Para determinar a contía da axuda que se lle concederá a cada solicitante, a comisión avaliadora, examinada a documentación presentada, terá en conta como criterios de distribución os seguintes limiares de renda per cápita:

Limiares de renda Contía da axuda

Ata 3.000 € 2.500 euros

De 3.001 € a 3.500 € 2.000 euros

De 3.501 € a 4.000 € 1.500 euros

De 4.001 € a 4.755,80€ 1.250 euros

Exit mobile version