Site icon Crónica3.com A Mariña

Axencia de Desenvolvemento Local de Cervo tramita subvencións para autónomos

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cervo asesora e tramita subvencións para a promoción do emprego autónomo, ata o 30 de Xuño. As bases reguladoras do programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo publicouse no DOGA do mércores, 28 de abril. A finalidade deste programa é axudar a financiar aqueles proxectos que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas. Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, que se formalicen desde o 16 de setembro do 2009 ata o 30 de xuño de 2010. Tamén é posible obter máis información  no teléfono 982.55.77.77

Exit mobile version