A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz celebra o sábado 17 de abril asemblea xeral de socios ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20h30 en segunda. Está prevista a elección da nova xunta directiva para o próximo bienio, a tal fin, poderanse presentar as candidaturas. A actual xunta directiva decidiu optar á reelección. O mesmo día celebrarase unha cea-baile a que poderán acudir todos os interesados. Será no Restaurante Leyton de Foz ás 22 horas, amenizada por Chingla e Salva e o seu prezo é de 10 € para socios e 25 € para non socios. Para anotarse hai de prazo ata o mércores 14 de abril, acudindo ó local social de 18h a 20h durante a semana, chamando ós teléfonos 677 78 82 57 e 618 95 65 26 ou no correo electrónico avcastrodefoz@concellodefoz.es.
Asemblea e cea-baile da asociación de veciños “O Castro” de Foz
Asemblea e cea-baile da asociación de veciños “O Castro” de Foz
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo