RIBADEO (FNC) .- A concelleira da Muller tilda de exitosas as terceiras xornadas formativas sobre abordaxe integral da violencia de xénero desde o ámbito local que se celebraron os pasados 23 e 24 de abril en Ribadeo. Mariluz Álvarez Lastra asegurou que “ano a ano aumentou a especificidade das xornadas e tamén a calidade dos contidos. Foron uns días moi intensos nos que profundizamos en moitos temas e nos que intercambiamos moitas impresións cos ponentes”. A edil nacionalista suliñou que “se afondou moito nas vítimas colaterais desta problemática, falamos dos nenos e das nenas que conviven no ámbito da violencia de xénero no seu entorno familiar e tamén sobre o trato que deben recibir desde o punto de vista educativo”.
Pola súa banda a responsable do CIM, Luisa González, suliñou que “as mulleres que reúnen as dúas características de ser muller e ter unha discapacidade, enfróntanse a unha múltiple discriminación e a múltiples barreiras que dificultan a consecución de obxectivos de vida considerados como esenciais. Cotas maiores de desemprego, salarios inferiores, menor acceso ós servizos de saúde, maiores carencias educativas, escaso ou nulo acceso a programas e servizos dirixidos a mulleres e un maior risco de padecer abusos sexuais e físicos. Estes son algúns dos rasgos distintivos que afectan a unha grande parte de mulleres con algún tipo de discapacidade”.
González apuntou que “tamén se falou, que si ben temos unha lexilación pioneira no entorno europeo sobre violencia de xénero, está a darse un retroceso na aplicación da mesma. Incúmplese reiteredamente a LO 1/ 2004 de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, non sendo aplicada polos orgános xurisdiccionais nos seus termos, e creando mitos e estereotipos que afectan a eficacia na aplicación da lei (cuestionar a gravidade dos delitos, falar de denuncias falsas das mulleres, a utilización dun suposto síndrome de alineación parental… todo co fin de desprestixiar as mulleres, e utilizar os tópicos sexistas sobre as mulleres, como mentirosas, perversas… Esta lei desde a súa publicación superou 129 recursos de inconstitucionalidade (un número sen precedentes no noso ordenamento xurídico)”.