ALFOZ / O VALADOURO .- A asociación cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, e a asociación cultural Amado Lar, de O Valadouro, animan aos veciños e veciñas de Alfoz e de O Valadouro a facer o Camiño de Santiago, para o que ambas entidades facilitaran desprazamentos por etapas, os domingos a partir do 25 de abril. Poden pedir máis información nos teléfonos 692 630 948 (O Castelo) e 686 391 828 (Amado Lar)
Nota de Prensa
Camiño de Santiago por etapas.
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo (Alfoz) e a Asociación Cultural Amado Lar (O Valadouro) está a organizar para que os socios e socias destas asociacións xunto cos veciños e veciñas de cada concello podan facer o Camiño de Santiago por etapas, faráse todos os domingos a partir do 25 de abril. En cada etapa haberá un autobús para facer máis doados os desprazamentos e retomar o camiño onde se deixara na etapa anterior. Todos os veciños e veciñas que estean interesados poden informarse nos seguintes teléfonos 692 630 948 (O Castelo) e 686 391 828 (Amado Lar). Colaboran os Concellos de Alfoz e O Valadouro.