o premio que foi concedido polos seus 32 anos de autónomo, dos cales os últimos 27 adicou a traballar de ceramista no seu obradoiro de Regal Ceramicas, situado actualmente no Complexo Rega-lXunqueira en Viveiro.
Coincidindo tamén coa concesión, recentemente, por parte da Xunta de Galicia, a través da Conselleria de Cultura e Turismo, de Museo – Colección Visitable a compilación etnografia e cerámica do Complexo RegalXunqueira, que inclúe : talleres de Regal Ceramicas, Museo da Ceramica, Museo do Coiro, biblioteca, sala de exposicións, tenda, etc.
CURRICULUM
OTERO REGAL, nacido en Nois,Foz (Lugo), no 1952
Estuda bacharelato en Foz, Lugo e no Seminario de Mondoñedo así como Etnoloxía e cerámica en Barcelona dende o 69 ata o 75, onde traballa en correos e outras empresas de restauración e chapisteria.
Volta a Galicia e Asturias, onde foi pioneiro nas empresas de xogos de azar.
No 78 instalase en Viveiro e empeza o seu labor como autónomo e emprendedor no ramo da hostalería, monta o primeiro “PUB” da provincia de Lugo e incluso de Galicia.
No 83 crea REGAL CERAMICAS obradoiro de cerámica en Viveiro, ao mesmo tempo empeza coa primeira tenda de artesanía e regalo O REGALO que anos mais tarde duplicase co nome de REGALTENDAS S. L.
No 96 Restaura o Pazo da Trave en Galdo-Viveiro adecuandoo para Hotel rural de 21 habitacións e restaurante con tres comedores.
No 2005 adquire as instalacións e vivendas das antigas curtidurias de Xunqueira, restáuraas e crea nas instalacións dous museos, cerámica e coiro, auditorio, biblioteca, sala de exposicións temporal, bosque de esculturas , obradoiros de Regalceramica , tenda, obradoiro de edicións e gravado.
No 2007 Vende as instalacións de O PAZO DA TRAVE e cerra REGALTENDAS, para adicar os seus mellores esforzos a REGALXUNQUEIRA e REGAL CERAMICAS
No 2007 ponse en funcionamento os obradoiros de Regalceramica no complexo de Xunqueira e meses mais tarde a primeira exposición “O NORTE TAMEN EXISTE” co mellor do arte feito no norte de Galicia, seguelle “100 anos de Laxeiro” Grabados de Goya, Maruja Mallo en Viveiro, Paisaxes cerámicos …..
En Marzo de 2010 a Xunta de Galicia aproba e recoñece o COMPLEXO CULTURAL REGALXUNQUEIRA NA SÚA TOTALIDADE MUSEOS INCLUÍDOS COMO ESPACIO VISITABLE.
Inagurase o Centro Didáctico con a exposición GUERNICA, UNHA EDUCACIÓN PARA A PAZ.
Otero Regal Realiza Murales Cerámicos para numerosos Estamentos públicos e privados.
Posue obra en Museos e Fundacións e coleccións privadas de España, Europa, EE.UU., e Japón. E segue a cotizar como autónomo, ademais sendo secretario e logo presidente da ASOCIACION DE COMERCIANTES; INDUSTRIALES E AUTONOMOS DE VIVEIRO foi co-fundador da Asociación de Autónomos de Galicia por iniciativa do Señor Precedo.