Site icon Crónica3.com A Mariña

Advirte o PP de Burela “do perigo dun soporte de papeleira na praza da Mariña”

NOTA DE PRENSA
O GMPP burelés afirma que o bipartito non é capaz de solucionar as cousas do día a día.

Advirten do perigo dun soporte de papeleira na praza da Mariña.

“Quen non é capaz de arreglar o cotidiano, non pode presidir un instrumento para impulsar a creación de emprego”.

O GMPP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o bipartito burelés non é capaz de solucionar os problemas diarios que se presentan na vida municipal e moitos pequenos problemas que se presentan no día a día tardan meses en ser solventados. Xa en días pasados denunciaron as deficiencias nos servicios hixiénicos da Marosa, ou a presencia de recipientes con aceite doméstico ó lado de contenedores que non se vacían. E a responsabilidade directa “é do alcalde”. Para o PP, “é evidente que quen non é capaz de arranxar as cousas do día a día, non pode presidir un instrumento que tén como obxectivos a creación de emprego e a axuda á posta en marcha de empresas”.

Pois ben, agora, como exemplo, veñen de poñer o estado dunha papeleira que se atopa na Praza da Mariña: está só o pé da mesma, ó lado dun panel informativo. O PP pide que se arregle ou que se retire o soporte da papeleira, que por riba representa certo perigo para a multitude de nenos e nenas que usan a praza se o tempo o permite. O modelo de papeleira existente na praza da Mariña pode ser difícil de atopar, pero o que sí é certo é que pode retirarse nunha hora.

Estas pequenas cousas son as que tamén demostran a pouca capacidade de traballo do bipartito burelés e do alcalde, máis preocupado pola propaganda e autobombo e en enfrontarse coa Xunta ca por solucionar os problemas reais dos cidadáns e as cuestións do día a día.

Exit mobile version