SANTIAGO .- A Xunta de Galicia, a través da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia vén de licitar un total de 11 obras viarias por un importe de máis de 25 millóns de euros (25.523.242 euros) e que se desenvolverán nas provincias da Coruña e Lugo.
Estas actuacións teñen como finalidade impulsar e potenciar á conservación das infraestruturas que forman parte da rede de estradas da Comunidade galega.
Ademais, este tipo de actuacións forman parte dos proxectos e medidas do Goberno galego para fomentar a creación de emprego en Galicia, así como activar a actividade económica da Comunidade. Estas actuacións mobilizarán unha media de 450 empregos.
Por outro lado, o obxectivo destas actuacións é mellorar a seguridade vial dos usuarios destas estradas e facilitar unha condución segura e estable para os cidadáns. Neste senso, as obras consistirán na materialización de reforzos e rehabilitacións de firmes e de melloras de interseccións, co obxectivo de ordenar os tráficos e ademais de garantir unhas condicións de seguridade á hora de conducir. As obras teñen unha duración de entre 3 e 15 meses.
Na táboa seguinte indicanse as actuacións que se levarán a cabo:
Actuación | Importe | Duración |
Provincia A Coruña | ||
Reforzo de firme e mellora de interseccións na AC-552 pq 55+000 ao 69+000 | 3.779.903 | 12 meses |
Reforzo de firme e mellora de interseccións na AC-552 pq 75+000 ao 88+600 | 3.271.469 | 12 meses |
Reforzo de firme e mellora de interseccións na AC-552 pq 37+300 ao 50+000 | 3.090.063 | 12 meses |
Mellora de seguridade vial en Rodiño pq 4+040 ao 6+040 na AC-960 | 2.558.846 | 12 meses |
Reforzo de firme e mellora de interseccións na AC-552 pq 32+100 ao 35+000 | 800.584 | 6 meses |
Provincia Lugo | ||
Reforzo de firme das estradas LU-127 (variante de Rábade) e LU-541 Rábade (A-6)- Vilalba (N-634) | 3.293.161 | 12 meses |
Rehabilitación de firme e mellora de seguridade viaria na estrada LU-612 treito Lugo-Lousada | 2.220.769 | 6 meses |
Rehabilitación do firme e mellora da seguridade viaria na estrada LU-612 Ferreira do Valadouro- Cangas de Foz | 2.118.192 | 6 meses |
Mellora de seguridade vial na LU-533 no entorno do TCA (tramo de concentración de accidentes) treito pq 1+770 ao 12+200. Concellos de Chantada e Saviñao | 1.789.932 | 15 meses |
Reforzo de firme e mellora de interseccións na LU-861 treito: variante de Vilalba | 1.405.700 | 12 meses |
Dotación de beirarrúas e mellora do pavimento da estrada LU-152 por treitos. Concello de O Valadouro | 1.023.123 | 8 meses |