NOTA DE PRENSA
A vista da publicación na pax. web da Consellería e logo da entrega na Mesa Sectorial as Organizacións Sindicais para presentar Alegacións, dos Borradores de “Estrutura Organizativa de Xestión Integrada” e “Plan de Ordenación de RRHH”, onde aparecen, entre ouros asuntos, a adscrición dos hospitais de Cee e de Ribeira o CHUAC (A Coruña) e o CHUS (Santiago), perdendo a sua condición de xerencia independente, que se farían no presente exercicio, deixando os de Orense e Lugo para o próximo ano, pasando de largo do actual mapa sanitario, “vulnerando” as competencias en materia de relaciones laborais e a propia Lei que fixa a estrutura do Servizo Galego de Saúde, esta Xunta de Persoal, enviará un escrito a Sra. Conselleira esixindo un compromiso por escrito para que a ÁREA SANITARIA DE BURELA SIGA SENDO XERENCIA INTEGRADA UNICA EN BURELA .
Para elo, decidimos convocar a todos/as traballadores/as do hospital e dos centros de saúde da área a unha CONCENTRACION o sábado 24 as 12 horas no Hospital, así como, a todalas persoas que se sintan afectadas e queiran solidarizarse con nos, tendendo en conta que participamos en unha dobre condición, por un lado como traballadores/as do sistema e por outro como cidadáns da comarca.
Burela, 22 de abril de 2010
XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA NORTE