Según do caso que se trate, a presión, ven de partidos políticos, de sindicalistas, de persoeiros de relevancia social, etc. En todo caso presión intolerable, o meu modo de ver.
E respecto a estes dos casos tan mediaticos eu quero comentar o seguinte:
Respecto o caso Garzón:
Alguén dubida que a Garzón a xustiza o vai tratar de forma correcta. Garzón e unha persoa pública e coñecida internacionalmente, e o xuíz Varela e consciente que o seu traballo vai ser mirado con lupa en todos os sentidos.
Por outro lado Garzón estou seguro que Garzón dispón dos medios necesarios para poder pagarse un bo avogado defensor.
Eu non estou en contra de Garzón, nin moito menos, paréceme un xuíz traballador e valente. Tampouco estou en contra en que investigue todo aquilo que lle apeteza investigar. Pero non e menos certo que no seu traballo ten que seguir o procedemento axeitado e cumprir as leis como calquera outro cidadán.
Ninguén pode tar por riba da lei, nin sequera un xuíz, faltaría mais.
Por que toda esta xente que se mobiliza por Garzón, non o fai por calquera cidadán anónimo carente de medios para se poder defender.
Os dirixentes sindicais non teñen, nos momentos que nos ocupan, mais traballo que defender a Garzón. Penso que a situación económica e laboral do noso pais debe ser un motivo que lles preocupe bastante mais, o mesmo tempo que e o que lles corresponde.
Toda esta xente que se manifesta en defensa de Garzón acaso non cree na xustiza. Non se dan conta que os cidadáns podemos chegar a dubidar da xustiza tendo en conta a súa forma de actuar.
Respecto o caso do Estatuto de Cataluña:
A Constitución aplicase. A Constitución non se ten que interpretar de forma que se encontre acomodo nela para o Estatuto.
En todo caso e o Estatuto o que se ten que adecuar o recollido na Constitución.
Si o Estatuto non se adecúa a Constitución, que se adapte.
Eu non estou en contra en que Cataluña se defina como un estado. Nin sequera estou en contra de que o sexa. Iso sí, sempre que o pobo catalán o decida en referendo, de forma libre, democrática e pacificamente. Pero co actual Constitución non e posible.
Si os nosos políticos non lles gusta a Constitución, que a cambien. Na propia Constitución está recollido o proceso para a súa modificación, incluídos os porcentaxes necesarios para levalo a cabo. En todo caso a Constitución que estea vixente debe de ser respectada nun estado de dereito. E o que garantira a vida democrática no noso pais.
Por último dicir que non e de recibo que ninguén presione os membros do Tribunal Constitucional, e menos os políticos, que non son capaces nin de poñerse de acordo para a súa renovación.