Burela conta con 9.520 habitantes, 140 máis que o anterior dato oficial coñecido. O alcalde, Alfredo Llano considera que “este crecemento confirma que a xente se está a asentar no noso concello, de aí que, como contabamos onte, tamén se estean a poñer en marcha moitos negocios. De seguir a este ritmo coido que en pouco tempo chegaremos aos 10.000 habitantes”.