Site icon Crónica3.com A Mariña

A Otero Regal

Estimado amigo: O pasado sábado, na foto dun xornal, olleite con cara de poucos amigos, anoxado. Lin de seguido a información e sorprendéronme as razóns do teu cabreo; pareceume a rabecha dun novato nestas lides, tan pouco prodigadas, que teñen que ver co empeño da loita polo desenvolvemento cultural da sociedade na que un se sente integrado. Digo isto porque ti eres persoa avezada, con un denso e longo “currículum” neste eido, e polo tanto con moitas horas sobrevoando episodios semellantes, de sinalados servicios ó teu pobo de adopción, con repercusións en toda A Mariña, e polo tanto sabedor da actuación de xentes que dende certo poder (que non autoridade), por razóns case sempre inconfesables, aplícanse en poñer atrancos nas rodas daquelas persoas que marchan pola vida coa dignidade da súa independencia persoal e que con toda naturalidade, dende o respeto ós individuos, expresan libremente as súas  opinións, referidas á cousa pública, moitas veces non coincidentes coas dos que dirixen o cotarro, convencido como estás que vivimos en democracia…, sen contemplar que moitos deles se aferran ó miserento principio, tan sectario, según o cal “quen non está comigo está contra min “¿Cómo se che ocorre tal?. Pero tampouco penses que ti eres a excepción… eche andacio. Non pode estranarte que, en tais circunstancias, te voltes obxetivo a derrubar.
A dignidade ten un precio e se non estás disposto a pagalo cambia o paso, aínda que algúns aprendimos de ben novos que a adulación denigra por igual ó adulador e ó adulado. Por iso a rexeitamos. Se non o fas así, o mais seguro e que che neguen mesmo a posibilidade do diálogo civilizado, pois xa sabes que ó inimigo, nen auga  Logo non te queixes como fixeche agora. Pero, alma cándida ¿cándo vas aprender?. Seguro que coñeces aquel debuxo de Castelao no que un canciño faldeiro, amorosamente tratado pola ama, brilante de tan limpo, ben peiteado e amosando un laciño no curuto da testa, dille ó raposo: “Domestícate, home. Verás que vida mais regalada…” Iste resposta: “Eu non nacín para can” O meu consello: mantente digno e rexeita o can….
Suso Fernández

Exit mobile version