A Liga Céltiga Galaica pídelle as centros de ensino primario do Val do Río Ouro pra que desenvolvan o programa ?Ti es a peza que falta? promovido pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama). ?Ti es a peza que falta? é unha campaña dirixida aos máis pequenos, coa que se trata de espallar valores ambientais e en concreto a estratexia dos tres R: Redución, Reutilización, Reciclaxe, tratando de controlar a produción de resíduos por parte da poboación e dese xeito reducir custos económicos e ambientais. O obxectivo principal é que os nenos aprendan e asemade conciencien aos adultos da familia encol da necesidade e beneficio de reducir e separar correctamente os resíduos no fogar. A campaña lévase a cabo con material didáctico acaído aos nenos de primaria e representacións teatrais coma ?Reciclaxe divertida?, escenificada por actores especializados en Educación Ambiental.