VALADOURO.- A Liga Céltica fai público unha nova revista na que solicita que os concellos cren bancos de tempo, considerando que son un investimento na comunidade.
NOTA DE PRENSA
BANCOS DO TEMPO, INVESTINDO NA COMUNIDADE
Un banco do tempo (BT) é un sistema de intercambio de labores, normalmente xestionado polo Concello.
Nestes bancos deposítase tempo e retírase tempo, xa que a unidade monetaria vén sendo UNHA HORA.
Nesa hora ti darás un servizo que alguén precisa, e en troco dese servizo recibirás cando che conveña unha hora dun labor ou axuda que precises. Por exemplo: Tés que ir facer unhas xestións a Lugo pero estás sen coche ou non o posúes, diríxeste ao BT do teu Concello e procuras a alguén que te leve, pode ser unha persoa xubilada, desempregada, de vacacións… Ao cabo esa persoa traballou tres horas pra ti, daquela ti débeslle tres horas ao BT -non ao particular- que devolverás por exemplo coidando nenos a unha persoa que traballe despois do horario escolar dos seus fillos, e a persoa que te levou a Lugo recibirá o servizo que precise durante tres horas, doutro membro do BT.
Pra artellar todo isto o BT conta cunha base de datos onde figuran as listaxes de membros demandantes e membros dispoñíbeis coas súas respeitivas habelencias, coñecementos e dispoñibilidades.
Os labores máis comúns xestionados polos BT veñen sendo o coidado e acompañamento de nenos e anciáns, tarefas e arranxos domésticos, apoio académico a estudantes ou sinxelamente oferecer compaña a persoas soidosas. Os BT son unha ferramenta indispensábel na conciliación da vida familiar-laboral-individual dunha comunidade social.
Dende a LCG pedimos aos gobernos municipais dos concellos de Alfoz e Ferreira a creación dun BANCO DO TEMPO INTERMUNICIPAL, é dicir, un Banco do Tempo do Valadouro todo! Imaxinemos canto tempo e colaboración podemos intercambiar entre máis de catro mil persoas.
Este artigo aparece no número 61 da revista O Prado das Chantas (correspondente a marzo do 2010), dirixido aos concellos de Alfoz e O Valadouro co obxectivo de animalos á creación dun Banco do Tempo Intermunicipal.
A devandita revista é publicada pola Asociación Cultural-Ecoloxista LIGA CÉLTIGA GALAICA.