Site icon Crónica3.com A Mariña

A federación de autónomos de Galicia premiou á Deputación polo seu compromiso cos autónomos

LUGO .- A Deputación de Lugo recibiu este venres, durante a Gala do Día do Autónomo que celebrou a Federación de Galicia no Pazo de Feiras e Congresos da capital lucense, un galardón mediante o que este entidade recoñece do traballo que está a levar a cabo.

Nota de Prensa

A Federación de Autónomos de Galicia premia

á Deputación polo seu compromiso cos autónomos

– O Deputado da Rede Viaria Provincial participa na inauguración da décimo séptima edición da Feira de Mostras que por primeira vez acolle a capital lucense

– O organismo provincial leva á mostra un expositor con toda a información sobre os ambiciosos proxectos que está a acometer na Granxa Gayoso Castro

A Depución de Lugo recibiu este venres, durante a Gala do Día do Autónomo que celebrou a Federación de Galicia no Pazo de Feiras e Congresos da capital lucense, un galardón mediante o que este entidade recoñece do traballo que está a levar a cabo o organismo provincial para impulsar este colectivo. A ceremonia organizouse con motivo da XVII edición da Feira de Mostras que por primeira vez, dende hoxe e ata o 2 de maio, acolle Lugo. Trátase dun evento que sempre tivo lugar na Coruña, que reúne a ducias de profesionais de Galicia, e que previsiblemente atraerá a centos de persoas á capital lucense.

O Deputado da Rede Viaria Provincial, Juan José Díaz Valiño salientou, durante a inauguración da mostra, que “esta feira é unha nova oportunidade económica para a provincia, que se suma ó esforzo que está a levar a levar a cabo a Deputación por reactivar a economía da provincia”.

Díaz Valiño destacou que “o firme compromiso do organismo provincial cos autónomos de Lugo pálpase nas iniciativas que temos en marcha”. Neste senso, lembrou que con Km0.Deputación de Lugo estánse a manter centos de postos de traballo mediante a colaboración con profesionais deste sector. Da mesma forma, o Deputado indicou que, co pioneiro programa anti-crise Lugo Compite +, a Deputación aforra cartos ós empresarios cunha iniativa personalizada e gratuíta, dirixida a afianzar e impulsar as entidades lucenses.

A de Lugo converteuse nunha das poucas Deputacións en España que subvenciona os gastos correntes deste colectivo, tales como recibos de luz e teléfono, seguros, aluguer, etc. Díaz Valiño salientou que “só mediante ó programa de Apoio ó Tecido Empresarial levamos investidos máis de 1.500.000 euros nestas axudas para as que xa se contemplan unha partida de 700.000 euros nos Orzamentos de 2010”.

Expositor da Deputación

O responsable da Rede Viaria Provincial visitou ademais o expositor que a Deputación levou á Feira de Mostras, e onde os asistentes poderán consultar información sobre os ambiciosos proxectos que o organismo provincial está a acometer na Granxa Gayoso Castro.

A Deputación traballa na construción do primeiro centro de recría público en España e dunha nave de recría de vacún de carne nas instalacións desta granxa do Concello chairego. Trátanse de dúas iniciativas que contan cun investimento de 12.500.000 euros, e que permitirá os gandeiros, moitos deles autónomos, aforrar cartos ó non ter que recriar as cabezas de gando fóra da Comunidade. Díaz Valiño indicou que “apostamos polo campo, e por un dos sectores que máis están a sufrir as consecuencias da crise económica”.

Exit mobile version