NOTA DE PRENSA
A FALLA DE MANTEMENTO FAI PERIGOSOS OS PARQUES DE SAN CIPRIÁN, CERVO E A SENRA
ARISTAS CORTANTES, PEZAS SOLTAS, ESTELAS NA MADEIRA E DESNIVEIS QUE INCREMENTAN OS RISCOS NAS ZOAS DE ESPARCEMENTO
CERVO, 20 DE ABRIL. O GMS realizou un exhaustivo percorrido polos parques do Concello, despois de comprobar coma o deterioro avanza ante a falla de mantemento por parte do equipo de goberno de Cervo.
Os socialistas xa denunciamos en varias ocasións estes feitos e incluso solicitamos que se destinaran partidas do Plan E do 2009 e 2010 para poñer en correcto estado de uso estas zoas de esparcemento. O alcalde, negouse unha e outra vez a mellorar estas infraestructuras, a pesar de ser unha demanda reiterada polas familias con nenos e polas persoas maiores, que son os usuarios mais numerosos.
O estado deste parque é o exemplo mais relevante da deixadez absoluta que rexe neste concello; as zoas verdes están invadidas pola maleza e o mobiliario que foi reciclado do paseo do Torno, está tan deteriorado e estelado que sentarse é misión imposible. As lousas de pizarra coas aristas cortantes de perfil é un exemplo claro do que nunca se debe permitir en unha zoa de esparcemento.
PARQUE “DIAZ PARDO E LUIS SEOANE” EN CERVO
As queixas centránse sobre todo nas numerosas esquinas vivas do mobiliario, e no espazo lateral elevado e composto por chan de madeira totalmente estelado que fae moi perigoso camiñar sobre el. O GMS solicitou retirar a madeira danada e deixar a nivel do chan esta zoa para facilitar a mobilidade e gañar espazo. Outra das queixas dos veciños é a falla de sombra, especialmente nos meses de verán.
PARQUE “REINA SOFIA” EN SAN CIPRIÁN
A situación do parque de San Ciprián é especialmente curiosa posto que o Concello comezou a remodelación do mesmo antes das eleccións municipais no 2007 gastando unha cantidade inxente de cartos, dos que os mais pequenos non se beneficiaron, posto que as áreas infantís quedaron coma estaban.
No acceso e na zoa anexa aos xogos dos nenos, fae tempo que terminaron unhas obras de reparación do, alcantarillado. Non obstante, as lousas levantadas e os restos das mesmas, seguen esparcidos polo cesped sen repoñerse, xenerando ademais de feismo, perigo para os viandantes. Na zoa cuberta, usada polos nenos para as merendas, hai un banco de pedra roto cuias patas teñen tamén aristas cortantes polas que xogan e saltan os nenos co conseguinte risco. No cesped ademais, atópanse furados descubertos onde os nenos poden meter o pe con facilidade.
A SEGURIDADE DEBE SER A PRIORIDAD, ¿PARA CANDO AS OBRAS?
Dende o GMS demandamos a reparación urxente de todos estes defectos que entendemos graves antes de que se produza un accidente. Está nas mans do alcalde de Cervo solventar de forma inmediata ista situación, posto que o concello tivo oportunidade de facelo con fondo ao Plan E e non o fixo. ¿Para cando as obras? ¿Antes das eleccións?.