Site icon Crónica3.com A Mariña

A exposición “A industria do ferro no norte de Lugo e no occidente astur” no Museo do Salmón de A Pontenova

A exposición “A industria do ferro no norte de Lugo e no occidente astur” no Museo do Salmón de A Pontenova
O Museo do Salmón na localidade de A Pontenova acolle até o día 8 de maio a exposición itinerante arredor da Industria do Ferro que Mariñapatrimonio ten a disposición de institucións e asociacións da comarca. A exposición, “ A industria do ferro no norte de Lugo e no occidente astur”, recolle a orixe e a evolución histórica do traballo do ferro nesta zona, os lugares de extracción e traballo ( explotacións mineiras, ferrarías, mazos e forxas), a elaboración de obxectos de corte e tres lugares sobranceiros na dedicación á manufactura de obxectos de ferro: A Pontenova, Riotorto e Taramundi. Esta mostra pode ser visitada todos os días en horario de 11 a 20 horas.

Exit mobile version