LUGO .- A Xunta de Goberno aprobou este venres o Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes para o ano 2010, e a través do que o organismo provincial realizará obras nestes municipios por valor de 1,2 millóns de euros. Neste anualidade, o Plan experimenta un aumento do 10% co respecto a 2009, de tal xeito que a aportación do organismo provincial é de 800.000 euros e a dos Concellos de 387.329. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “esta foi unha iniciativa que puxemos en marcha o actual equipo de goberno en 2008 e o resultado foi moi satisfactorio porque todos os municipios, agás os que están afectados polo canon hidroeléctrico, que reciben outros investimentos por parte da Deputación, vense beneficiados destas axudas”.
Os municipios perceptores destas axudas son os que teñen maior déficit en infraestruturas e servizos e menos recursos, e que polo tanto necesitan máis axuda da Deputación. Cada Concello recibirá unha subvención do 70% ata un máximo de 19.500 euros. O 30% restante será aportado polas entidades locais. “Trátase, dunha actuación realmente importante, xa que supón unha inxección de cartos para os Concellos que nestes momentos están a ter importantes dificultades económicas. Grazas á aportación da Deputación poden aumentar o seu investimento en obra pública, xa que do contrario moitas das actuacións que se acollen a esta iniciativa nos as poderían levar a cabo. Son obras que se suman as contempladas no Plan de Obra Pública de 60 millóns de euros”.
En total executaranse 47 obras, a maior parte corresponden a abastecemento de augas, accesos a núcleos rurais e á mellora de alumeado público. Os 41 Concellos os que se benefician destas axudas: Abadín, Alfoz, AA Deputación realizará obras por valor de 1, 2 millóns
de euros nos Concellos de menos de 5.000 habitantes
– Este ano o Plan de Pequenas Infraestruturas aumenta un 10%, de tal xeito que a aportación do organismo provincial é de 800.000 euros e a dos municipios de 387.329
– 41 municipios beneficiaranse desta iniciativa que contempla a execución de 47 obras relacionadas con servizos públicos
– Aprobado os convenios entre a Consellería de Medio Ambiente e a Deputación para a realización de obras e servizos nos Concellos de Viveiro e Barreiros
– A Xunta de Goberno dá o visto e prace ás bases de selección de 18 xóvenes titulados para a realización de prácticas en Europa e Lugo, dentro de Lug02
A Xunta de Goberno aprobou este venres o Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes para o ano 2010, e a través do que o organismo provincial realizará obras nestes municipios por valor de 1,2 millóns de euros. Neste anualidade, o Plan experimenta un aumento do 10% co respecto a 2009, de tal xeito que a aportación do organismo provincial é de 800.000 euros e a dos Concellos de 387.329. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “esta foi unha iniciativa que puxemos en marcha o actual equipo de goberno en 2008 e o resultado foi moi satisfactorio porque todos os municipios, agás os que están afectados polo canon hidroeléctrico, que reciben outros investimentos por parte da Deputación, vense beneficiados destas axudas”.
Os municipios perceptores destas axudas son os que teñen maior déficit en infraestruturas e servizos e menos recursos, e que polo tanto necesitan máis axuda da Deputación. Cada Concello recibirá unha subvención do 70% ata un máximo de 19.500 euros. O 30% restante será aportado polas entidades locais. “Trátase, dunha actuación realmente importante, xa que supón unha inxección de cartos para os Concellos que nestes momentos están a ter importantes dificultades económicas. Grazas á aportación da Deputación poden aumentar o seu investimento en obra pública, xa que do contrario moitas das actuacións que se acollen a esta iniciativa nos as poderían levar a cabo. Son obras que se suman as contempladas no Plan de Obra Pública de 60 millóns de euros”.
En total executaranse 47 obras, a maior parte corresponden a abastecemento de augas, accesos a núcleos rurais e á mellora de alumeado público. Os 41 Concellos os que se benefician destas axudas: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Castroverde, Cervantes, Cervo, O Corgo, Folgoso do Courel, Friol, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pontenova, Rábade, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Xermade e Xove.
A maiores, existe unha petición do Concello de Guntín e outra do de Negueira de Muñiz, pero que non poden ser atendidas por incluirse dentro dos municipios afectados polo canon hidroeléctrico.
Convenios con Barreiros e Viveiro
A Xunta de Goberno tamén deu o visto e prace ós convenios de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e a Deputación para a realización de obras e servizos nos Concellos de Viveiro e Barreiros. Concretamente, no municipio barreirense levaranse a cabo actuacións para proxectos de urbanización, abastecemento e saneamento nos núcleos de San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante e Reinante. Asimesmo, no de Viveiro o investimento é de 1.250.000 euros.
“Esta Deputación non está para dar problemas, sí solucións. Igual que pago canon, bombeiros, UNED en Lugo, desbloqueamos problemas enquistados do pasado na Mariña”. Gato Soengas explicou que o papel da institución provincial é dotar de servizos públicos que nada teñen que ver con legalizacións ou licenzas urbanísticas. “É dicir, que os veciños de Barreiros teñan máis e mellor auga, un subministro eléctrico axeitado… A Deputación de Lugo traballa a favor dos servizos públicos en todos os concellos, de todas as cores. Falamos de Barreiros -onde goberna o PP- pero tamén estamos impulsando outro convenio en Viveiro onde quedará desbloqueada outra débeda do pasado que ten que afrontar un alcalde hoxe socialista, en concreto no Celeiriño”.
Asimesmo, o voceiro provincial socialista aclarou que, na legalización e novos plans urbanísticos ou sectoriais, o organismo provincial non ten ningunha competência. Isto correspóndelle ó Concello de Barreiros e á Xunta de Galicia. Repito, estaremos vixiantes.
Outros acordos da Xunta de Goberno
Fóra da Orde do Día, e previa declaración de urxencia, ratificouse a resolución de 23 de abril de 2010, en relación as bases de selección de 18 xóvenes titulados para a realización dun programa de prácticas en Europa e Lugo, no marco do proxecto Lug02. Este programa de becas, dotado com 144.000 euros, permitirá aumentar as posibilidades de inserción dos nosos xóvenes titulados, xa que primeiro aplicarán como bolseiros os coñecementos adquiridos durante os seus estudos, pero logo poderán continuar a súa carreira como emprendedores.
Aprobouse o Plan de actuacións que a Deputación levará a cabo no Concello da Fonsagrada dentro do canon hidroeléctrico, e que suman 211.432 euros. As obras, que se executarán e que corresponden ás anualidades de 2008-2009, son as seguintes: acondicionamento de accesos a Puebla de Burón, Mazaeda e Cariacedo (47.776 euros); a Vilardíaz-Ventorrillo (82.808 euros); Lamas de Moreira-Coto ( 31.758 euros); e Sudrós-Fontecuberta (49.090 euros).
Tamén se lle deu o visto e prace a 5 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2009 por valor de 441.078 euros. Desta cantidade, a Deputación aporta 21.850 euros. Corresponde ós Concellos de Foz (2), Vilalba e O Valadouro (2).
ntas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Castroverde, Cervantes, Cervo, O Corgo, Folgoso do Courel, Friol, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pontenova, Rábade, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Xermade e Xove.