Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación convoca un concurso para dotar de banda ancha 66 concellos e telecentros da provincia

LUGO .- A Deputación convoca un concurso para dotar de banda ancha ás casas consistoriais e telecentros da provincia. A entidades interesadas terán que dotar ós 66 Concellos da provincia, excepto o de Lugo, dunha infraestrutura fiable, segura, e económica para que as casas consistoriais e os telecentros teñan Internet.

Nota de Prensa

A Deputación lanza un concurso para dotar de banda ancha ás casas consistoriais e telecentros da provincia

– Prestixiosas empresas nacionais e internacionais participaron na xornada formativa sobre o Plan de extensión da banda ancha e mobilidade nas comunicación

– Diante a pasividade da Xunta, o organismo provincial porá en marcha este concurso, dotado de máis de 1 millón de euros, para garantir o acceso á Rede dende calquera municipio de Lugo

A Deputación  celebrou este martes unha xornada informativa sobre o concurso Plan de extensión da banda ancha e mobilidade nas comunicacións, dotado de máis de 1 millón de euros, cofinanciado nun 70% con fondos FEDER, e nun 30% polo INLUDES, que porá en marcha co obxetivo de garantir ós Concellos e ó organismo provincial os mecanismos necesarios para acceder á Rede. Prestixiosas empresas de ámbito nacional e internacional acudiron á cita, e coñeceron de primeira man os requisitos mínimos que deberán garantir. Deste xeito, as entidades interesadas terán que dotar ós 66 Concellos da provincia, excepto o de Lugo, dunha infraestrutura fiable, segura, e económica para que as casas consistoriais e os telecentros teñan Internet.

O organismo provincial, consciente da fenda dixital en Lugo, e diante a pasividade da Xunta de Galicia, administración con plena competencia na materia, impulsa esta iniciativa que permitirá, una vez que se aprobe o prego, que todos os veciños da provincia poidan en 12 meses acceder á Rede dende calquer punto da provincia malia as características orográficas de Lugo.

Esta actuación súmase e complementa o concurso de despregamento anteriormente adxudicado dentro do programa Innova-TE, o de maior investimento en TICs feito nunca en Galicia nun só prego con 7 millóns de euros. Da mesma forma, este programa facilitará o acceso a unha ampla gama de recursos, servizos, e produtos, mellorando a eficiencia das administracións locais, a interacción cos cidadáns, e a seguridade nas infraestruturas dos municipios lugueses.

A Deputación aclara que a asistencia á xornada informativa non é requisito para a presentación de propostas unha vez que se poña en marcha o concurso, nin suporá vantaxe ou mérito sobre os restantes licitadores.

Asimesmo, unha vez publicados os pregos, as empresas interesadas no concurso poderán poñerse en contacto coa Deputación e aclarar as cuestións que se lles presenten a través do correo electrónico innovate@deputacionlugo.org. Todas as dúbidas serán resoltas e presentadas no Perfil do Contratante do organismo provincial que se publica na páxina web www.deputacionlugo.org antes da data tope de presentación de ofertas.

Exit mobile version