Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación de Igualdade de Burela desenvolve unhas xornadas de orientación para desempregadas

BURELA (FNC) .- Trece mulleres participan en Burela durante esta semana nas xornadas de orientación laboral para desempregadas que organizou a Delegación de Igualdade e Inmigración.

Neves Cando asegurou que “as asistentes buscan como obxectivo deseñar e poñer en práctica o seu propio itinerario de inserción laboral, tomando conciencia da importancia que ten a planificación da busca activa de emprego”.

A edil nacionalista lembrou que “as xornadas constan de catro bloques específicos, os dous primeiros centráronse na oferta formativa para coñecer as distintas fontes de información e recursos sobre a formación e nas técnicas e estratexias de busca emprego. No terceiro bloque estánse a abordar as fontes de información sobre emprego e o mercado profesional identificando as ofertas do sector público e do privado e coñecendo os distintos tipos de contrato e o cuarto e último bloque tratará sobre o autoemprego e o réxime especial das empregadas de fogar”.

O vindeiro luns 12 de abril terá lugar a entrega de diplomas ás participantes nestas xornadas de orientación laboral para mulleres desempregadas que comenzaron o luns e rematan o venres.

Exit mobile version