A MARIÑA .- Setenta a tres afiliados da CIG que participaron na elección da executiva e secretaría local de A Mariña ratificaron Xoxe Caldeiro como secretario comarcal. Acompañarano na executiva executiva Susana Riveira Fernández, Dores Fernández Abel, Xoan M. Díaz Branco e Eugenio Pedreiras Cela.
Nota de Prensa
ELECCIÓN DA NOVA EXECUTIVA DA CIG NA MARIÑA
O xoves 22 de abril ás 19 horas celebrouse no local do sindicato en Burela a asemblea de
afiliados e afiliadas da CIG na Mariña para a elección da nova Executiva e Secretaría Local da
Mariña.
A apertura do acto correu a cargo do Secretario da Comarca de Lugo-A Mariña, Xosé Ferreiro.
Os setenta e tres participantes na votación ratificaron a Xorxe Caldeiro Diaz como Secretario
da Unión Local da Mariña. Xunto a el formarán a nova Executiva Susana Riveira Fernández,
Dores Fernández Abel, Xoan M. Díaz Branco e Eugenio Pedreiras Cela.
Xorxe caldeiro destacou a boa situación do sindicato na comarca tanto a nivel de afiliación
como de representatividade, e marcou como obxectivo para o novo período o de “seguir
sendo un referente para a clase traballadora na defensa dos seus dereitos, e loitar para que
esta crise non sexa aproveitada para desmantelar os servizos públicos, rebaixar os
despedimentos, os salarios, etc.” .
O novo Secretario Local invitou a participar na manifestación do 1º de maio que este ano terá
lugar en Ribadeo, “pois é unha boa ocasión para enviarlle aos gobernos unha mensaxe clara
de que é necesario mudar o sistema económico e facer as reformas precisas que acaben coa
economía especulativa e dar paso a un novo modelo económico e social máis xusto e
solidario” .
No acto fíxose un chamamento a participar nas dúas concentracións desta fin de semana ; o
sábado no Hospital da Costa ás 12h para reivindicar o mantemento da xerencia sanitaria na
Mariña e o domingo, á mesma hora, en Santiago para denunciar as privatizacións e en defensa
do sector público.