O presente artigo non pretende ser un estudio técnico sobre da afectación do POL no concello de Burela, senón unha simple reflexión, se pode ser en voz alta, dun burelés sobre do futuro do seu concello.
Burela é un concello atípico dentro da comarca de A Mariña Luguesa, é o concello con menos extensión é un dos que por moitas razóns: vitalidade económica, composición da súa poboación, … debe contribuir ao desenrolo desta comarca, unha das máis dinámicas ou a que máis da provincia. O noso concello ten unha superficie que non chega aos 8 km2, dos cales preto da metade, da variante hacia o Sur, sen urbanizar e todo hai que decilo con escasas posibilidades urbanísticas. Do resto, só están urbanizados e con población asentada aproximadamente outra metade uns 2 km2. Onde vivimos na actualidade unha poboación do entorno de entre 10 ou 12 mil habitantes. Tendo en conta que aínda quedan zonas sen construir coma a da Unidade de Actuación de Torrentes a algunha outra unidade que tamén se podería levar a cabo e fincas sen construir, sería fácil medrar ata os 20 ou incluso 25 mil habitantes.
A plazo máis ben longo, de trinta ou corenta anos parece que este solo non é suficiente, se ademais lle engadimos que a vila precisa zonas comerciais e de servizos, todo parece indicar que a superficie urbana e urbanizable a día de hoxe é claramente insuficiente. De aquí que sexa moi importante que o POL permita novas zonas onde aumentar a edificabilidade no concello.
Ata o día de hoxe, os grupos municipais, coa excepción do BNG, non fixeron pública a súa opinión sobre como afectará o POL ao urbanismo en Burela. Con todo, a postura do BNG, foi moi crítica considerando o POL coma unha hipoteca para o futuro da vila, pero non dixo a que zonas debería afectar o POL, supoño que con algunha protección estarán de acordo. Para os bureleses é de suma importancia que quen ten toda a información, os grupos municipais, sexan capaces de analizala, estudala e contarnos claramente que pensan, para o mesmo tempo ver en que puntos están de acordo entre eles. Seguramente están de acordo en bastantes máis cousas das que pensan.
En calquera dos concellos do noso entorno que o POL lle afecte a unha zona non supón un problema irresoluble, posto que, lles queda moitas outras zonas onde ubicar os seus servizos, pero nun concello tan pequeño coma o noso debería estar moi claro a que adicar cada un dos metros cadrados do noso solo. Por iso, é imprescindible que os grupos políticos do concello e os distintos grupos sociais do mesmo sexan capaces de acadar un acordo de mínimos e todos xuntos defender unha postura única e non adicarse como ata hoxe a usar o POL coma un elemento máis de disputa política. Non é de recibo usar o futuro do concello para acadar uns votos máis. Neste senso, levamos máis de quince anos de existencia do concello, doce de gobernos municipais do PP, sen que se desen pasos de cara a aprobar un documento que é imprescindible para Burela, un PXOM.
Se non somos capaces de unir as forzas na mesma dirección, os distintos organismos tomarán decisicións que afecten ao noso futuro sen contar con nós. Por poñer un exempro sen mirar se o futuro polígono comercial ou de servizos queda ubicado en Burela ou nalgún dos concellos do entorno. Para un concello, evidentemente non é o mesmo que unha empresa pague os seus impostos no concello ou os pague no veciño.
Burela foi ata a actualidade un concello onde a pesar da presión urbanística, que en certos momentos existiu, un lugar onde se construiu con bastente bo criterio, respetando a normativa vixente e con certa racionalidade, aínda que mellorable, deixando espazos libres, beirarrúas en xeral coa suficiente amplitude, noutras localidades hai edificacións onde os veciños se poden dar a man desde as ventás. Co interese de continuar na mesma liña, o urbanismo e un dos eidos onde se deberían buscar comúns denominadores entre as distintas forzas políticas, esquecéndose se é preciso, de que estamos en vísperas dun período electoral.
Xa dixen que o presente artigo non pretende ser un comentario técnico, pero case ninguén dubida que ten que haber zonas protexidas, A Marosa pode ser unha delas, aínda que sería interesante defender que o noso concello ten adquiridos por máis de 300.000 € terreos que en teoría deberían ser zonas deportivas. Non obstante outras zonas coma o Foxo, O Perdouro, Cardoxe, a parte da variante hacía o sur,… deberían ter no próximo PXOM algunha utilidade para o Concello; zonas que precisamos comerciais, industriais, de vivendas unifamiliares etc.
Pedro Chao Polo