O VALADOURO .- Con motivo do Día Internacional do Libro a biblioteca municipal do Concello do Valadouro organiza un espectáculo e unha proxección dirixido ao alumnado do CEIP Santa María do Valadouro
Nota de Prensa
A Biblioteca Municipal do Concello do Valadouro organiza un espectáculo dirixido ao alumnado do CEIP Santa María do Valadouro, chamado Lápis Máxico representado pola compañía Animar-T pretendendo que facilite aos pequenos o achegamento aos diferentes aspectos dunha representación: dramatización, interpretación, iluminación, ambientación a través deste contacontos musical. Será o venres 23 de abril ás 11:30 no Salón de Actos da Casa da Cultura.
O mesmo día e no mesmo lugar pero ás 20 horas a OMIX do Concello do Valadouro pecha os actos nesta data significativa do Día Internacional do Libro coa proxección da película: Manos habilidosas. La historia de Ben Carson, un retrato autobiográfico da vida dun famoso cirurxán norteamericano e a súa nai, unha loitadora muller que saca adiante a súa familia outogándolle gran valor á lectura para a educación e superación da súa familia.
Tamén se entregara material promocional da lectura aos asistentes a esta data.