TRABADA .- A Banda de Música de Ribadeo levou a súa música á romaría de San Marcos na Cadeira grazas a un programa que promove a área de Cultura da Deputación coa colaboración de Caixa Galicia.
Nota de Prensa
A ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN PROMOVE A ACTUACIÓN DE GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL NAS FESTAS POPULARES
Grazas a este programa, posto en marcha pola Área de Cultura da Deputación e Caixa Galicia, a Banda de Música de Ribadeo levou a súa música á romería de San Marcos na Cadeira (Trabada)
Trabada, 25 de abril de 2010. A Romería de San Marcos na Cadeira (Trabada) contou este ano coa actuación da Banda de Música de Ribadeo grazas ao programa posto en marcha pola vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da súa Área de Cultura en colaboración con Caixa Galicia, para promover as actuacións de grupos de música tradicional, bandas de música e corais. A actuación estivo sufragada pola Área de Cultura da Deputación, e encadrouse dentro dos festexos da romería de San Marcos na Cadeira (Trabada).
Esta é unha das romerías con máis antigüidade das que se celebran en toda a comarca, e que inclúe feira de gando. Cada ano centos de persoas, sobre todo dos concellos de Trabada, Barreiros e Lourenzá, acuden coas suas comidas e merendas, aínda que tamén hai a posibilidade de comer nas casetas de polbo instaladas no recinto.
Con este programa de promoción das actuacións de agrupacións musicais lucenses, a vicepresidencia da Deputación costea a actuación destes grupos musicais evitando así que as comisións de festas e asociacións culturais, principalmente as das vilas e aldeas máis pequenas, teñan que costear os emolumentos dos grupos musicais e realicen xestións para contratar as actuacións. Con esta iniciativa, a Área de Cultura pretende ofrecerlle tamén ás propias agrupacións musicais a posibilidade de actuar noutros lugares e de medrar profesionalmente xestionándolles actuacións ao longo do ano.
Durante o 2009 Área de Cultura da Deputación de Lugo sufragou 292 actuacións, das que 175 corresponden a agrupacións de música tradicional, 99 a bandas de música e 18 a corais, para o que se invertiron 194.000 euros. Esta iniciativa pretende apoiar a cultura musical do país e fomentar a súa difusión en todos os eidos da sociedade, poñendo en valor os grupos da provincia.