A Concellería de Servizos Sociais de Xove, organiza para terceira idade unha viaxe a Benidorm ao que se apuntaron 114 persoas. A saída está prevista para o domingo 2 de maio ás 6:00 horas da madrugada, retornando o 10 do mesmo mes. O aloxamento vai ser nun hotel de tres estrelas en réxime de pensión completa, con bebidas incluidas e animación nocturna. O custo da viaxe é de 490 €uros por persoa, das cales o noso Concello subvencióna 245 €uros por persoa. As persoas participantes na viaxe van estar acompañadas por persoal do noso Concello, concretamente pola Traballadora Social, a Educadora Familiar e unha técnica de Servizos Sociais.