Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuntanza do BNG coa Observatorio da Mariña pola igualdade

NOTA DE PRENSA
Asunto: Xuntanza Executiva comarcal do BNG co Observatorio da Mariña pola igualdade.

Hora: 18:00 Local Comarcal do BNG.

O Bloque Nacionalista Galego está a manter unha serie de encontros cos diferentes colectivos sociais da Mariña a fin de analizar as consecuencias que a crise está a xerar na nosa Comarca, e de xeito moi particular con aqueles sectores sociais que máis a padecen.

Asemade a crise do capitalismo está a ser xestionada desde o noso punto de vista por parte das diferentes administracións con receitas de carácter neoliberal, medidas estas que están na cerne da actual crise, e que o único que fan e agravala na medida que lla transfiren ás clases populares.

Neste sentido desde o BNG observamos con particular preocupación as consecuencias que a mesma está a ter nas mulleres pola súa particular inserción no mercado de traballo, pola tendencia a precarización das condicións de traballo que vai bater nun colectivo de por si xa precarizado e tamén pola tendencia ao desmantelamento dos servizos públicos que pode volcar sobre as mesmas funcións que ate agora, de xeito deficiente, viña cubrindo a administración.

A tal fin, e para falar destes temas convocámosvos a unha rolda de prensa da Executiva Comarcal do BNG co Observatorio da Mariña Pola Igualdade a celebrar o Xoves 4 de Marzo ás 18:00 h no Local Comarcal do BNG(Avda. da Mariña,34-Baixo-Foz).

Exit mobile version