XOVE .- A Biblioteca Municipal de Xove convoca dous concursos, un literario e outro de artes plásticas, con motivo da celebración do “Dia das Letras Galegas”, adicado este ano ao poeta courelense Uxio Novoneyra.
NOTA DE PRENSA
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE XOVE CONVOCA O CONCURSO LETRAS GALEGAS 2010
Con motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano ao poeta courelense UXIO NOVONEYRA, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende preescolar de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
No CONCURSO LITERARIO os/as participantes poderán presentar poemas de medida e tema libres, escribir un relato ou conto, tamén de tema libre, ou ben facer unha redacción, que obrigatoriamente ten que ser sobre a vida ou obra de Uxío Novoneyra. Neste Concurso poderán participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO; os nenos/as de preescolar (3, 4 e 5 anos), están excluidos deste Concurso por razóns obvias.
En canto ao CONCURSO DE ARTES PLÁSTICA os/as participantes poderán participar realizando un debuxo de tema e composición libres, ou ben, cun cómic sobre a vida e/ou obra de Uxío Novoneyra.
Lóxicamente, e non podería ser doutra maneira tratándose dun Concurso adicado ás Letras Galegas, o idioma empregado en tódolos traballos presentados será obrigatoriamenente o galego.
Os traballos deberán presentarse en folios, tamaño A4, por unha soa cara, figurando na parte posterior dos mesmos, ousexa, na cara que queda en branco, o nome e apelidos, idade, curso e colexio ou instituto do participante.
Calquer participante poderá participar nas modalidades que desexe, ousexa, poderá presentar máis dun traballo, podendo participar, por poñer exemplo, cunha poesía, cunha redacción, cun debuxo e cun cómic. Non hai límite, xa que o que a organización pretende é que se realice o maior número de traballos posible.
A recepción dos traballos, que haberá que entregar obligatoriamente na Biblioteca Municipal de Xove, rematará o VENRES 7 DE MAIO ÁS 20:30 HORAS.
Os/as gañadores do Concurso recibirán como premio un Diploma Acreditativo e un Lote de Libros ou Material Escolar.
Por último, decir que dende a Biblioteca Municipal de Xove facemos unha invitación a tódolos nenos/as e rapaces/as a participar neste Concurso.