Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Ribadeo quéixanse polas dificultades para acadar permiso para facer queimas no rural

RIBADEO (FNC) .- O Concello está recibir as queixas de moitos veciños sobre as dificultades coas que se están a atopar para comunicar ou obter autorización para realizar queimas na zona rural. O responsable de Medio Ambiente aboga porque o problema de solvente e o servizo funcione correctamente igual que acontecía o ano pasado.

Horacio Cupeiro dixo que “no Concello estamos a recibir  unha serie de queixas  de moitos veciños que non son capaces de contactar cun 902 no que obterían autorización para realizar queimas na zona rural. Estes días estou en comunicación coa Xunta para facerlles chegar esta inquietude que temos desde o Concello de Ribadeo debido a este problema co que se atopa moita xente que está minutos e minutos agardando a que os atendan nese 902, eu tamén estiven chamando e puideno comprobar”.

Ao concelleiro de Medio Ambiente cónstalle que “agora mesmo están tentando solucionar este atranco administrativo que hai concretamente un ano non pasaba. Non quero entrar en botarlle a culpa a ninguén, porque estean uns ou outros no goberno, o que sí quero dicir é que antes non tiñamos este problema e agora sí, porque os veciños teñen que sofrir esta dificultade que tamén se está a dar no resto de Galicia. Temos que conseguir que este servizo funcione igual que ocorría hai un ano”.

Exit mobile version