CERVO.- Veciños do lugar da Senra, en Cervo, asinaron a cesión do paso polas súas leiras para permitir a construción do saneamento des núcleo de poboación. A obra farase con cargo aos orzamentos da Xunta cun asignación de 465.000 euros.
NOTA DE PRENSA
VECIÑOS DA SENRA FORMALIZAN A CESIÓN DE PASO POLAS SÚAS FINCAS COMO TRÁMITE PREVIO Á CONSTRUCIÓN DO SANEAMENTO DESTE NÚCLEO DE POBOACIÓN
Cervo, 16 de marzo de 2010.- Os propietarios dos terreos por onde discorrerá a nova rede de saneamento da Senra formalizaron esta tarde a cesión de paso polas súas terras co obxecto como paso previo ao comezo desta infraestrutura tan necesarias para este núcleo de poboación do termino municipal cervense.
Segundo indicou o alcalde, Alfonso Villares, este trámite administrativo permitirá continuar coa tramitación do expediente para proceder á contratación por parte da Xunta de Galicia destas obras “canto antes”.
“Agora, co novo goberno da Xunta, as cousas están cambiando e dende Santiago estásenos apurando para que completemos canto antes este expediente administrativo, o cal é imprescindible para que esta obra se poda poñer en marcha e acadar por fin unha infraestrutura fundamental para o desenvolvemento deste núcleo da zona rural e que virá a complementarse con outras actuacións en materia de infraestruturas como son os saneamentos de Cervo, Sargadelos e Figueirido -que xa están en marcha- ademais do da vila de San Cibrao” lembrou Villares.
O saneamento da Senra está contemplado pola Xunta de Galicia dentro do seu Plan de Saneamento da Comunidade Autónoma en base a un proxecto remitido no seu día polo concello e para a súa construción o goberno galego ten asignado un orzamento de 465.000 euros.
Villares destacou “a boa sintonía” entre Concello e os veciños da Senra e agradeceu a súa colaboración e traballo para conseguir materializar esta obra. “Dende o Concello levamos varios anos traballando neste tema e para iso temos mantido diversas reunións cos veciños ao obxecto de telos informados en cada momento de como estaban a transcorrer as xestións fronte a Xunta e tamén lles pedimos que aportaran as súas suxestións de cara a mellorar este proxecto. Por iso, teño que dicir que neste proxecto tanto veciños como Concello levamos varios anos traballando da man para conseguir que esta infraestrutura de primeira necesidade sexa pronto unha realidade, como así será” asegurou.