Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha pintora de Ciudad Real e un escultor de Ferrol gañaron a XV edición do premio Galería Burela

BURELA (FNC) .- Fallados os premios do certame Galería Burela que chega á súa décimo quinta edición. A concelleira de Cultura, Neves Cando, manifestou que “un ano máis o Concello a través da Delegación de Cultura ven de organizar esta edición cuxos premios están dotados de 1.800 euros para os primeiros clasificados tanto na modalidade de pintura como na de escultura, os segundos clasificados acadarán 1.200 euros e os terceiros recibirán un diploma e unha figura acreditativa do certame”.

Nesta edición a exposición consta de 26 obras de pintura e 14 de escultura. A edil nacionalista dixo que “o xurado formado por Celso Dourado, Mª Helena Fidalgo de Lemos e Manuel Villargordo Ruiz nomeou aos seguintes gañadores, en pintura o primeiro premio é para Laura Medina Solera de Ciudad Real coa obra Dobles tonos, o segundo para Manuel Cervera García de Valencia coa obra No es amor, frenesí e o terceiro para Lourdes Acera Olaso de As Pontes con Esta primavera sen cor. En escultura o primeiro premio é para Manuel Angel Méndez Bellón de Ferrol coa obra O día que cazaron a Flipe, a mosca cojonuda, o segundo premio é para Oliver Requeijo Fernández de Viveiro con Hemeroteca e o terceiro é para Jesús Corrales Malvido de Moaña coa obra O sindicalista de despacho”.

A exposición cos traballos presentados á XV edición de Galería Burela permanecerá aberta na Casa da Cultura ata o 16 de abril, data na que se fará entrega dos premios ás 20 horas. Os horarios de visita serán de luns a venres de 11 a 13 e de 18 a 20 horas e sábados, domingos e festivos de 18 a 20 horas.

Exit mobile version