Site icon Crónica3.com A Mariña

Un parlamentario do PP “vén de felicitarse polo acordo acadado para desbloquear a situación urbanística de Barreiros”

NOTA DE PRENSA

O deputado popular  está convencido de  que a situación non se desbloqueou nos pasadas  catro anos por intereses exclusivamente partidistas,  e  porque o bipartito buscaba atacar  con este asunto a un  alcalde do PP, desviando a atención sobre a discutible xestión urbanística protagonizada  noutros concellos próximos  rexidos polo partido socialista

BALSEIRO FELICÍTASE POLO  ACORDO ACADADO PARA DESBLOQUEAR O URBANISMO EN  BARREIROS E SUBLIÑA QUE ISMAEL REGO SE QUEDA SOLO CRITICÁNDOO

* Tanto o Grupo Socialista Municipal como a Deputación de Lugo, presidida polo PSOE,  son favorables ao  convenio e presentan esta solución como a  como a única  saída  posible.

Santiago, 11 de marzo de 2010.- O deputado popular Jose Manuel  Balseiro Orol  vén  de felicitarse polo acordo acadado para  desbloquear a  situación urbanística  de Barreiros  que pasa  pola  inminente aprobación dun convenio  auspiciado pola Xunta de Galicia.

Balseiro  salienta que o seu homólogo  socialista Ismael Rego se queda  solo criticando  esta  solución, pois nin tan sequera os seus ataques teñen apoio na opinión manifestada polo Grupo Socialista Municipal de Barreiros, nin pola Deputación Provincial de Lugo, presidida polo PSOE,  que xa  adiantaron a súa  posición favorable ao convenio a  través  do que se pretende desbloquear esta situación de  parálise no desenvolvemento urbanístico do municipio. Balseiro empraza a Rego a reconsiderar a súa postura como única voz  crítica ante quen  traballa por ofrecer solucións e anímalle a posicionarse ao carón dos seus compañeiros de partido que teñen unha postura máis  acertada,  favorable ao convenio.

O deputado popular, Balseiro Orol, está  convencido de que  se a situación non se  ten solucionado antes, nos pasados catro  anos,  é porque así o   impediron intereses partidistas. O Goberno bipartito –explicou  Balseiro- estaba máis preocupado en  atacar a un alcalde  do Partido Popular a conta do urbanismo que en ofrecer unha solución para a situación acontecida.  O deputado popular  está convencido  de  que os  ataques da anterior Xunta  tiñan  por obxecto  desviar a atención,  sobre a moi discutible xestión urbanísticas protagonizada noutros concellos próximos  rexidos polo partido socialista

Exit mobile version