NOTA DE PRENSA
O deputado popular está convencido de que a situación non se desbloqueou nos pasadas catro anos por intereses exclusivamente partidistas, e porque o bipartito buscaba atacar con este asunto a un alcalde do PP, desviando a atención sobre a discutible xestión urbanística protagonizada noutros concellos próximos rexidos polo partido socialista
BALSEIRO FELICÍTASE POLO ACORDO ACADADO PARA DESBLOQUEAR O URBANISMO EN BARREIROS E SUBLIÑA QUE ISMAEL REGO SE QUEDA SOLO CRITICÁNDOO
* Tanto o Grupo Socialista Municipal como a Deputación de Lugo, presidida polo PSOE, son favorables ao convenio e presentan esta solución como a como a única saída posible.
Santiago, 11 de marzo de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol vén de felicitarse polo acordo acadado para desbloquear a situación urbanística de Barreiros que pasa pola inminente aprobación dun convenio auspiciado pola Xunta de Galicia.
Balseiro salienta que o seu homólogo socialista Ismael Rego se queda solo criticando esta solución, pois nin tan sequera os seus ataques teñen apoio na opinión manifestada polo Grupo Socialista Municipal de Barreiros, nin pola Deputación Provincial de Lugo, presidida polo PSOE, que xa adiantaron a súa posición favorable ao convenio a través do que se pretende desbloquear esta situación de parálise no desenvolvemento urbanístico do municipio. Balseiro empraza a Rego a reconsiderar a súa postura como única voz crítica ante quen traballa por ofrecer solucións e anímalle a posicionarse ao carón dos seus compañeiros de partido que teñen unha postura máis acertada, favorable ao convenio.
O deputado popular, Balseiro Orol, está convencido de que se a situación non se ten solucionado antes, nos pasados catro anos, é porque así o impediron intereses partidistas. O Goberno bipartito –explicou Balseiro- estaba máis preocupado en atacar a un alcalde do Partido Popular a conta do urbanismo que en ofrecer unha solución para a situación acontecida. O deputado popular está convencido de que os ataques da anterior Xunta tiñan por obxecto desviar a atención, sobre a moi discutible xestión urbanísticas protagonizada noutros concellos próximos rexidos polo partido socialista