CERVO .- A sala de exposicións do centro de Servizos para a Cidadanía de Cervo acolle dende hoxe e ata o vindeiro día 31 a mostra didáctica “Un mundo de Auga”, 11 paneis de carácter divulgativo onde o visitante pode coñecer polo miúdo as distintas fases do ciclo da auga.
Nota de Prensa
O CENTRO DE SERVIZOS PARA A CIDADANÍA ACOLLE UNHA MOSTRA SOBRE O MUNDO DA AUGA
* Permanecerá aberta ao público ata o día 31
* A mostra persegue concienciar ao espectador da importancia que ten o uso racional e bo aproveitamento da auga para lograr que as reservas non se esgoten
Cervo, 22 de marzo de 2010.- A sala de exposicións do centro de Servizos para aCidadanía de Cervo acolle dende hoxe e ata o vindeiro día 31 a mostra didáctica “Un mundo de Auga” promovida pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
A exposición consta de 11 paneis de carácter divulgativo onde o visitante pode coñecer polo miúdo as distintas fases do ciclo da auga e como inflúe a presencia deste fluído na vida e en todo o que nos rodea.
A mostra forma parte do programa de educación ambiental promovido pola Consellería de Medio Ambiente e pretende servir tamén de instrumento para concienciar ao espectador da importancia que ten o uso racional e bo aproveitamento da auga para lograr que as reservas deste líquido non se esgoten
A exposición permanecerá aberta ata o 31 deste mes de marzo. O seu horario de visitas é de 9.30 a 13.30 en horario de mañá e de 17.00 a 20.00 horas en horario de tarde.