Site icon Crónica3.com A Mariña

Terceira vitoria do Celtas-Primera Calidad e derrota do C. B. Xove na pista do líder

O Celtas-Primera Calidad gañóu en Foz (foto: Miguel Fraga)

FOZ / XOVE (MF0) .- O Celtas-Primera Calidad gañou o seu terceiro partido da tempada ( 71-69 ), contra o Reale-thebes da Estrada, a pesar que xa non se xoga nada decisivo, pois xa esta descendido matematicamente. Pola súa banda o Xove non puido gañar na súa visita a Vigo ( 67-58 ) aínda que xogou un bo partido.
O Celtas-Primera Calidad conseguiu gañar o seu partido que tivo que se tivo que xogar pola maña  debido ao torneo Basketfoz 2010. O partido púxose moi complicado para os focenses que na primeira parte non encontraban o seu bo xogo e tiveron que marcharse ao descanso dez puntos abaixo. A reacción na reanudación foi espectacular pois deixaron aos da Estrada en oito puntos no terceiro cuarto para coller unha boa vantaxe no marcador. Nos últimos minutos o Celtas atragantouse en ataque e os visitantes lograron empatar. Pero a pesar de fallar varios tiros libres os focenses puideron celebrar finalmente a vitoria. Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Lucas (14), Sama (23), Diego (4), Humberto (8), Manolo (8) – Aarón (14), Eduardo e Adrián.
O Xove xogou un bo partido pero foi insuficiente para gañar ao líder, o C. B. Vigo AM. O partido tivo que decidirse nos minutos finais nos que os de Vigo foron mais determinantes Os mariñáns víronse beneficiados pola vitoria do Celtas e non perderon ningunha posición na clasificación.

Exit mobile version