Nota de Prensa
Os populares afirman que os argumentos de Nieves Cando son “os argumentos da desesperación e da impotencia”.
Para o PP, “alguén terá que pagar os gastos da orquestra do luns de Entroido. ¿Quen, e cando?”.
O PP afirma que non se decretou loito oficial.
O PP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o Concello de Burela en ningún momento decretou loito oficial pola morte do mariñeiro de Riveira do “Ficha II”, polo que non tén moito sentido anular unha actuación musical por solidariedade.
Os populares afirman que a orquesta do luns de Entroido que non actuou, chegou a montar parte do seu escenario, co camión na praza da Mariña, como puideron comprobar varias persoas que pasaron pola praza e mesmo parte dos membros das comparsas que se estaban preparando para celebrar o Entroido. Os membros da orquesta comenzaron a montar, e ó pouco tempo desfixeron o camiño andado e marcharon de Burela.
Polo tanto, ainda dando por boa a explicación de Nieves Cando, alguén terá que pagar en algún momento o desprazamento da orquesta, se non se fixo xa. E sería bon saber se xa se pagou, quen o fixo, e con cargo a que partidas presupostarias. E se non se pago, tamén, con que cartos se vai pagar e cando, dado que o gasto está en parte realizado.
Con todo, hai varios interrogantes en todo este acontecemento, que causa desesperación no bipartito e que cada día que pasa semella complicarse máis. En primeiro lugar, de suspenderse a actuación da orquesta, ¿por que non se lles avisou xa no mesmo momento de ter tomada a decisión, para evitarlles o desprazamento? Porque a orquesta chegou a Burela xa pola tardiña. En segundo lugar, ¿por qué non se suspenderon os pasarúas que fixeron as charangas ese mesmo día? E en terceiro lugar, ¿por qué non se avisou á cidadanía, como se tén feito outras veces, con megafonía, de tal circunstancia?
Estas son preguntas que entendemos deberá responder o bipartito, xa que tanto os molesta o acontecido coa dichosa orquestra o luns de Entroido. Desde o PP limitámonos a constatar feitos, e cando os facemos públicos e non lles gusta ós do bipartito, “enlordamos”. O que non vamos facer é calar, que é o que queren. A este paso, tan preocupados que están a onde vamos e onde durmimos, tamén nos dirán como temos que vestirnos ou como temos que levar o pelo, solo faltaría. Os argumentos que usou Nieves Cando son os argumentos da desesperación e da impotencia, de quen se sinte collido por algo que presuntamente fixo mal ou non fixo. E como están deseperados, e levan tempo, tamén levan tempo reaccionando como reaccionan. Cando o que teñen que facer é tranquilizarse e gobernar, que para eso están, de momento.