Site icon Crónica3.com A Mariña

Temos que xestionar a incerteza

“O progresismo está hoxe onde se pon en marcha procesos para configurar o futuro onde se xestiona responsablemente a incerteza”. A fraseciña de marras e de Daniel Innerarity, cando fala de “O futuro e os seus inimigos, Unha defensa da esperanza política”.

Vou falar da “tiranía do curto prazo”. Ben porque a política está demasiado suxeita aos mandatos electorais, ben porque está inmersa na cultura do zapeo, ou porque a confrontación política é demasiado escrava da inmediatez, … o caso é que a miúdo falta traxectoria e o relato por explicalo, “onde non se prepara o futuro, a política limítase a xestionar o presente”, continúa Innerarity.

E estou de acordo. Que xestión se pode facer do presente sen pensar no futuro? a xestión do presente terá consecuencias no futuro, para ben ou mal. A xestión da “proximidade” é importante, e necesaria, pero dentro dunha traxectoria, de configuración do futuro colectivo, e que a xente ten o dereito de coñecer. Preparando o futuro quizais sexa como a política pode xerar confianzas, ou dito doutro xeito, xestionando responsablemente, as incertezas, é gañar confianzas. Porque temos crise de confianzas (en moitos sentidos e non só no ámbito da política).

Logo da crise: as respostas e modelos de saída da crise global, e xustamente é iso, mirada longa, para configurar, colectivamente, como queremos saír desta crise. Colectivamente significa que alguén o debe liderar e teno que compartir e buscar as

complicidades, e iso é o que debe facer a política. Unha xestión responsable non é o do alarmismo nin as lecturas demasiado fáciles que algúns practican (os grupos da oposición por exemplo, “cando peor, mellor”), pero que non serven para nada. É o realismo e a capacidade de explicar sinxelamente o que pasa, o que pode pasar, e como actuar. E evidentemente actuar, e actuar colectivamente cun liderazgo convincente.
Gústame nos meus escritos e na miña actividade social, xestionar a incerteza, gañar confianza, e sego crendo tamén que unha denuncia constante das inxusticias e os comportamentos “mandantes dos nosos xestores e políticos, aínda que sexa de forma calada segue a ser importante en un pais, nación ou territorio en que a maioría cala, resignase e incluso mendiga e suplica.

E en canto ás respostas de saída da crise, quédome con tres apostas: talento, ética e estética. Tres palabras que conteñen todo! e que é preciso despregar moito!.

Exit mobile version